3/21/2017

O 061 E OS BOLECHAS

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia escolleu a "Os Bolechas", para mellorar a formación en primeiros auxilios dos escolares.


Os libros presentados forman parte dunha colección de seis contos nos que os Bolechas describen como actuar ante aquelas situacións que os máis pequenos adoitan atopar con maior frecuencia: insolacións e queimaduras polo sol, hemorraxias polo nariz, picaduras de abellas, trabadas de animais, feridas con obxectos cortantes e queimaduras. A maiores, esta serie conta cun caderno didáctico para poder repasar o aprendido e cun conto no que os Bolechas coñecen o 061 de Galicia facendo unha visita ás súas instalacións.
Na biblioteca do noso cole recibimos dous lotes destes libros que xa están viaxando polas aulas do centro.

No seguinte enlace, podedes acceder ao formato dixital e disfrutar deles.



Ningún comentario:

Publicar un comentario