1/08/2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 27 de novembro, o alumnado de 5º de Primaria, preparou unhas actividades para concienciar sobre a violencia de xénero. Representaron unha pequena obra de teatro, nela falouse dos distintos tipos de violencia, ademáis da física: a social, a psicolóxica, a económica e a sexual.
Tamén falaron do motivo polo que se conmemora o 25 de novembro e citaron ás irmás Mirabal.
Remataron aludindo ás estratexias que o goberno aporta para axudar ás víctimas: o teléfono gratuito 016 e todas as campañas nos medios de comunicación, rechazando a violencia machista e ao maltratador.
Recordáronse citas alusivas ao maltrato que resoan na cabeza de todos, como: "Contra o maltrato, tolerancia 0", ou "Se maltratas unha muller, deixas de ser un home".

Soaron cancións de Pedro Guerra, de Revólver e de MBCP (Máis boas cás patacas).

Agradecemos a Asuntos Sociais de Foz, que nos enviaron o cartaz deste ano contra a violencia de xénero.








Ningún comentario:

Publicar un comentario